Thursday 25 de April de 2024

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, que celebrou a súa Asemblea hoxe en Santiago, outorga o Premio Patrimonio 2023 a Helga de Alvear


A decisión tomouse hoxe na Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España que se celebrou no Pazo de Raxoi de Santiago, con motivo do Ano Santo 2022. O Grupo participará mañá na Ofrenda ao Apóstolo, xunto cos Reis de España e as súas fillas as infantas Sofía e Leonor.

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España acordou hoxe na súa Asemblea Xeral conceder o Premio Patrimonio 2023 á galerista e coleccionista de arte Helga de Alvear. A decisión tomouse na reunión extraordinaria celebrada esta tarde no Pazo de Raxoi de Santiago, con motivo do Ano Santo 2022.

O Presidente do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade e alcalde de Salamanca, Carlos García Carbayo, destacou que “a decisión foi tomada por unanimidade e con este premio queremos recoñecer a xenerosidade e empeño de Helga de Alvear para que o o centro histórico de Cáceres acolla unha das coleccións privadas de arte contemporánea máis importantes de Europa. O seu extenso labor como coleccionista, filántropa e mecenas fixo posible a creación dun novo Museo de Arte Contemporánea que amplía o patrimonio artístico de todos os españois. Igualmente transcendente é a posta en valor da arquitectura e o urbanismo do centro histórico cacereño, incorporando de maneira harmoniosa a difusión da cultura contemporánea ao Patrimonio Histórico da cidade”.

A proposta do alcalde de Cáceres, Luís Salaya, concédese este premio que, segundo o presidente do Grupo, pon en valor o feito de que “desde a creación da Fundación, en novembro de 2006, Helga de Alvear dotou á cidade de importantes recursos para dar visibilidade a un museo de prestixio internacional que se converteu en motor cultural, social e económico para a cidade”.

O presidente do Grupo, Carlos García Carbayo, anunciou que a entrega do Premio Patrimonio farase efectiva o 11 de novembro no marco da Asemblea Xeral do Grupo que se celebrará en Cáceres.

Coa presenza de máis de 500 artistas dos cinco continentes, o Museo de Arte Contemporánea conta con máis de 3.000 m2 de espazo expositivo e case 8.000 m2 de superficie. O Grupo destaca que “Helga de Alvear achegou o 50% dos fondos necesarios para a construción do edificio de nova planta deseñado polo premiado estudo Tuñón Arquitectos, foi ela quen adquiriu o inmoble onde se sitúa dita ampliación e tamén financiou o proxecto arquitectónico. O edificio deseñado por Emilio Tuñón difumina fronteiras entre o centro histórico de Cáceres, Patrimonio da Humanidade, e a parte máis moderna da cidade, creando así unha vía de comunicación fluída entre o pasado e o presente”.

O conxunto arquitectónico converteuse en si mesmo nun valor patrimonial de primeira orde. Entre os Premios recibidos entre 2020-2021 e destacan o Premio Panorama de Obras de Arquitectura e Urbanismo na XV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo; o Premio Architecture MasterPrize na categoría de edificio cultural, o Premio Luís M. Mansilla do COAM e o Prix AMO – Architecture et Maîtres d’Ouvrage, como mellor catalizador urbano.

Pola súa banda, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, lembrou que “en 2021 gañou o Premio Patrimonio a Fundación Catedral de Santiago de Compostela, en recoñecemento á importancia do proxecto de restauración e rehabilitación do conxunto histórico monumental dunha xoia única no patrimonio mundial. Ese Premio tivo gran repercusión e por suposto supuxo un recoñecemento para a Catedral e tamén para o potente atractivo turístico da cidade”.

Precisamente no marco dos actos organizados polo Consistorio Compostelán con motivo da Asemblea, os edís das Cidades Patrimonio percorreron esta mañá os últimos quilómetros do Camiño ata a meta final da Catedral de Santiago, onde pousaron para a foto de familia.

Mañá luns 25, a delegación do Grupo de Cidades Patrimonio asistirá á celebración litúrxica da Solemnidade do Apóstolo Santiago na Catedral, durante a cal A súa Maxestade o Rey Felipe VI presentará a Ofrenda Nacional ao Apóstolo, acompañado da Raíña e das súas fillas, as infantas Sofía e Leonor.